20 may 2014

AXUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA 3º ESO



 
 
 
 
Requisitos:
1. Estar a cursar 3.º da ESO nun centro educativo sostido con fondos públicos do Concello de Vigo durante o curso académico 2013/2014.
2. Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.
3. Ter obtido como mínimo unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO.
4. Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2014,dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
5. Non ter concedida, no ano 2014, outra axuda coa mesma finalidade.
6. Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.
O prazo para a presentación das solicitudes será do 26 de maio ao 06 de xuño, ambos inclusive. A resolución provisional da convocatoria publicarase a máis tardar o 27 de xuño.

Solicitudes:
Os alumnos e alumnas que desexen optar a participar no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa poderán recoller o modelo de solicitude (Anexo I) e demais formularios (Anexos II ao V) no Servizo de Educación do Concello de Vigo, sito na Praza do Rei s/n, pranta 11ª, ou ben descargalos da páxina web http://www.vigoeningles.org.
 

Máis información: http://www.vigoeningles.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario